notable

notable

(

  1. adx

    Que é susceptible de ser notado.

    Sinónimos: notábel.
  2. adx e s

    Que ou quen atrae a atención polo seu interese, pola súa calidade ou magnitude ou pola súa rareza.

    Ex: A señora Amelia é unha das persoas máis notables de Candeán. Reuniuse un grupo de notables para tratar o asunto.

    Sinónimos: notábel.
  3. s m

    Cualificación nun examen ou nunha proba inferior ao sobresaliente e superior ao ben.

    Ex: No seu expediente ten unha nota media de notable.

    Sinónimos: notábel.
  4. asemblea de notables [HIST]

    Asemblea de Francia durante o Antigo Réxime que estaba formada polos membros máis representativos de cada un dos tres estamentos. Era convocada polo rei nos momentos de crise con carácter consultivo.