Notacanthus
Notacanthus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes osteíctios, da familia dos notacántidos, que presentan o corpo angüiliforme, comprimido ou cilíndrico, a aleta caudal moi pequena e a aleta dorsal formada por espiñas duras e independentes. Teñen unha cola rematada en punta e a liña lateral pouco marcada. Viven en fondos profundos entre 2.000 e 2.500 m.