notacanto

notacanto

(

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Nome común que reciben algúns peixes do xénero Notacanthus, da familia dos notacántidos.

  2. notacanto de Bonaparte [ANIMAL/ICT]

    Peixe de corpo alongado, serpentiforme e coa boca en posición ínfera. É de cor cinsenta e ten a aleta dorsal transformada en espiñas fortes, entre cinco e nove. Vive desde os 700 ata os 2.000 m de profundidade, e aliméntase de invertebrados como os ofiuroideos, os briozoos, as anémonas, as esponxas ou as holoturias.

  3. notacanto de Chemnitz [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo de ata 1,20 m. De corpo angüiliforme, presenta no lombo de oito a doce espiñas, modificación da aleta dorsal. Vive entre os 125 e 1.000 m, aínda que pode acadar os 2.500 m de profundidade, e aliméntase principalmetne de anémonas de mar.

Palabras veciñas

Notacanthus | notacántido -da | notacantiforme | notacanto | notación | notae iuris* | notar