impromptu
impromptu
(< lat in promptu ‘depronto’)
-
s
m
[MÚS]
Composición musical de forma libre e estilo brillante, baseada na improvisación. Foi cultivada especialmente polos pianistas e compositores do s XIX, como Liszt, Schubert, Chopin e Fauré.
-
s
m
[LIT]
Epigrama, madrigal ou canción improvisados, xeralmente cunha estrutura rimada. Ten a súa orixe no Renacemento italiano, e empregouse como exercicio de enxeño na corte francesa dos ss XVII e XVIII.