impunidade
impunidade
(< lat impunĭtāte)
-
s
f
Feito de quedar algo sen castigo.
Ex: Roubaban con total impunidade ata que foron detidos.
-
s
f
[DER]
Ausencia de responsabilidade fronte á lei. A impunidade é de dereito cando concorren amnistía, perdón ou prescrición, e é de feito cando se elude a acción da xustiza por falta de elementos probatorios suficientes da culpabilidade.