impureza
(< lat impuritĭa)
-
s
f
Calidade ou estado de impuro.
Ex: A impureza do aire débese á excesica emisión de gases.
Antónimos: pureza. -
s
f
Substancia que, mesturada con outra substancia, deteriora algunha das súas calidades e a converte en impura. OBS: Adoita usarse en plural.
Ex: Eliminaban as impurezas da auga cun filtro de carbono.
-
s
f
[FÍS]
Calquera átomo trivalente ou pentavalente que, disposto convenientemente na estrutura cristalina dun semicondutor intrínseco (e, por tanto, tetravalente), o converte en extrínseco (p ou n, respectivamente).
-
s
f
[IND]
Elemento, nun metal ou aliaxe, estraño á matriz metálica incluída nesta como átomo intersticial ou de substitución, ou ben en forma de fase dispersa.
-
impureza legal
[RELIX]
Impureza da que se hai que liberar ritualmente se se pretende participar do culto sagrado. Pode ter a súa orixe en factores moi diversos, segundo os preceptos das distintas relixións: por contacto con obectos sagrados, fluídos corporais (seme, saliva ou sangue), cadáveres ou alimentos; por enfermidade (lepra e outras doenzas con manifestacións cutáneas); ou por certos procesos fisiolóxicos (a menstruación, o parto).