Ince, Thomas Harper

Ince, Thomas Harper

Realizador cinematográfico estadounidense. Os seus filmes caracterízanse polo amor que amosan polo home e a natureza. Converteu o western nunha arte verosímil e o cow-boy nun personaxe mítico. Realizou The Dream (1911), The Battle of Gettysburg (1913), The Typhoon (1914) e Civilization (1916).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Newport, Rhode Island

  • Deceso

    Lugar : Beverly Hills, Los Angeles