Independiente, El

Independiente, El

Diario editado a partir de setembro de 1885 en Vigo. Cesou a súa edición en 1903. Dirixido por Pascual Ruiz e Anxo Varela, era propiedade deste último. Foi o substituto de El Diario de Vigo. En 1903 pasou a mans de Xaime Solá, quen o converteu en El Noticiero.