inmoble
inmoble
(
-
adx
Que non se move ou que non se pode mover.
Sinónimos: inmóbil, inmutable. Antónimos: moble. -
adx e s
Aplícase á propiedade ou ben que ten unha situación fixa e non se pode mover nin desprazar. Aplícase ás terras, camiños, construcións, minas e, en especial, aos edificios. OBS: Tamén reciben o nome de bens inmobles, raíces ou sedentes.
Ex: Comercia con bens inmobles. Ten un inmoble situado na praza de España.
Antónimos: moble.