Innsbruck

Innsbruck

Capital do land de Tirol, Austria (113.826 h [2001]). Situada na confluencia dos ríos Inn e Sill, nos Alpes, é un núcleo industrial (téxtil, químico, farmacéutico, papeleiro, alimentario) e comercial, ademais de estación turística baseada nos deportes de inverno e sede da Leopold-Franzens Universität Innsbruck, fundada en 1669. Antiga colonia romana, pasou a depender de Austria (1363) e converteuse na capital do Tirol (1420).