inocencia

inocencia

(

  1. s f

    Ausencia de culpa ante un acto delitivo ou unha falta.

    Ex: O xuíz ditaminou a inocencia do acusado.

    Antónimos: culpabilidade.
  2. s f

    Ausencia de malicia.

    Ex: O que máis destaca na súa personalidade é a súa inocencia.

    Sinónimos: candidez, inxenuidade.

Refráns

  • A inocencia da criatura que está mexada e di que súa.
  • Culpa non ten o que cumpre o seu deber.
  • Fanas os porcos e páganas os bacoriños.
  • Feita a inocencia, feito o engano.
  • O corazón sen engano nunca pensa no malo.
  • Onde non hai malicia, non hai pecado.
  • Quen sen culpa se atope, que levante o dedo.