Institut d’Estudis Catalans

Institut d’Estudis Catalans
Nome científico: [IEC]

Corporación académica fundada en Barcelona en 1907 por Enric Prat de la Riba, dedicada á investigación científica superior, principalmente de todos os elementos da cultura catalana. Integrado nun principio por oito estudiosos, especialistas en historia, historia literaria, arqueoloxía, historia da arte e historia xurídica, o Institut foi ampliado en 1911 con outros dous núcleos, consagrados ao estudo e expansión da lingua catalá e ao cultivo das ciencias naturais, exactas, físico-químicas, filosóficas, morais e políticas. En 1968 creouse unha nova sección de filosofía e ciencias sociais. En 1913 a sección de filoloxía estableceu unhas Normes ortogràfiques e comezou a recoller o material para un dicionario xeral de lingua catalá e para unha gramática normativa.