Institut del Teatre
Institut del Teatre
Nome adoptado pola primitiva Escola Catalana d’Art Dramàtic a partir de 1939. Dirixido por Guillermo Díaz-Plaja, tivo unha vida pouco dinámica, ata que en 1971 foi nomeado director Hermann Bonnín e ampliou o número de profesores, puxo en funcionamento o departamento de investigación, adquiriu locais novos e inaugurou a primeira delegación comarcal en Terrassa (1974) e Vic (1976) e ampliou as seccións (monicreques, mimo). En 1980 foi substituído por Josep Montanyès, que remodelou as dúas salas teatrais das que dispón o Institut. En 1986, os estudios de arte dramática quedaron adscritos á Universidade Autónoma de Barcelona.