Instituto Nacional del Libro Español

Instituto Nacional del Libro Español
Nome científico: [INLE]

Organismo público do Estado español fundado en 1935 en substitución das Cámaras Oficiais do Libro de Madrid e Barcelona. Refundouse trala Guerra Civil (1941) coa denominación definitiva. Controlaba a circulación comercial do libro en España, o cumprimento das leis, a publicación das recompilacións bibliográficas e a organización de feiras e congresos. Desapareceu o 21 de marzo de 1986.