Instituto San José de Calasanz de Pedagogía

Instituto San José de Calasanz de Pedagogía

Institución creada en 1941, dependente do Patronato Raimundo Lulio do CSIC. A súa principal finalidade é o estudo e investigación da pedagoxía e a súa historia, metodoloxía, organización docente e todos os aspectos que atinxen á educación. En 1943 comezou a editar a Revista Española de Pedagogía e, en 1949, creou a Sociedad Española de Pedagogía.