Instrución, La
Instrución, La
Publicación quincenal editada en Ourense a partir do 1 de xuño de 1880, que cesou a súa edición aos poucos números. Subtitulouse “Revista dedicada a la defensa de la Enseñanza y del Magisterio”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega. Dirixida por Aureliano Ares de Parga, foi unha publicación, de carácter educativo, pioneira en Galicia.