interior
(< lat interĭōre)
-
adx
Que está na parte de dentro dunha cousa, no espacio comprendido entre os seus límites.
Ex: As portas interiores son de madeira. Sempre leva a roupa interior de cor branca.
Antónimos: exterior. -
adx
Aplícase a unha vivenda ou dependencia que non ten vistas á rúa.
Ex: O seu cuarto é interior.
Antónimos: exterior. -
adx
Relativo ou pertencente á mente ou ao espírito.
Ex: É un soñador e a súa vida interior é moi intensa.
-
adx
[POLÍT]
Aplícase á política interna dun país, especialmente no que atinxe ás cuestións de goberno e de orde pública.
Antónimos: exterior, internacional. -
s
m
-
Parte de dentro de algo ou alguén.
Ex: Atoparon o corpo no interior do vehículo.
-
Parte interior dunha vivenda ou edificio.
Ex: Abriu unha tenda de decoración de interiores.
-
Parte dun país non costeira nin fronteiriza, situada no centro.
Ex: Ourense é unha cidade do interior.
-
-
s
m
Conxunto de pensamentos que non se exteriorizan.
Ex: No seu interior ten moita dor.
-
s
[DEP]
Xogador dianteiro que se move entre o dianteiro centro e o extremo.
-
interior dun conxunto
[MAT]
Dado un conxunto A, conxunto de puntos interiores de A, é dicir, conxunto dos puntos de A que teñen un contorno non pechado en A. Acostúmase a representar co símbolo Å.