interno -na

interno -na

(< lat internu)

  1. adx Antónimos: exterior.
    1. Que ocorre ou está situado na parte de dentro de algo.

      Ex: O golpe produciulle unha hemorraxia interna.

      Sinónimos: interior. Antónimos: exterior.
    2. [ZOOL]

      Que está situado dentro ou na parte máis próxima ao eixe central do corpo.

    1. adx e s

      Que ou quen vive internado.

    2. s [MED]

      Médico recentemente licenciado que completa a súa formación clínica traballando nun hospital.

  2. adx e s

    Que ou quen come e dorme no lugar onde desenvolve o seu traballo.

  3. adx [MED]

    Aplícase á medicina que se ocupa das enfermidades que afectan a todo o organismo ou ben das que, radicadas nun órgano, afectan a outros.