involución
involución
(< lat involutĭōne‘acción de envolver’)
-
s
f
Paro e retroceso no desenvolvemento de algo.
Ex: Tralo cambio de goberno houbo unha forte involución na política social.
-
[BIOL]
-
s
f
Conxunto de modificacións regresivas naturais ou por alteracións (rexeneracións, reorganizacións e enfermidades) que se producen dentro dunha célula, un órgano ou un organismo. Desenvólvense progresivamente, como o envellecemento ou o paso á pubertade.
-
involución senil
Involución que sofre o organismo dunha maneira xeral ao chegar á vellez.
-
involución uterina
Retorno progresivo do útero á súa dimensión normal despois do parto.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
Transformación que, sendo distinta á identidade, aplicada dúas veces sucesivamente dá a identidade. Unha aplicación é involutiva se f = f -1 .