iranio -nia
iranio -nia
(< topónimo Irán)
-
adx
Relativo ou pertencente ao antigo Irán.
-
s
Natural ou habitante do antigo Irán.
-
adx e s
m
[LING]
Grupo de linguas da familia indoirania do phylum indoeuropeo. O iranio divídese en tres fases históricas: o antigo iranio, que comprende o antigo persa (SL de Irán), o avéstico, o medo e o escita; o iranio medio que comprende os grupos occidental (parte arsácida do NL, pahlavi sasánida e maniqueo) e oriental (sogdiano de Asia central, corasmiano e indoescita), e o iranio moderno (persa).