Irixoa, San Xillao de
Irixoa, San Xillao de
Igrexa parroquial situada en Muras. Construída en 1700, ten nave rectangular, cuberta a dúas augas, e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro vertentes. No lado N da capela engadiuse un corpo que funciona como sancristía. O retablo maior é neoclásico, pero ten elementos decorativos barrocos. No exterior destaca o pórtico situado diante da fachada.