Irving, Henry

Irving, Henry

Actor e director inglés. Destacou na interpretación de diversos melodramas e na dos grandes personaxes de William Shakespeare como Hamlet, Iago, Shylock, Ricardo III ou Lear, facendo parella coa actriz Ellen Terry. Durante máis de vinte anos presentaron os seus traballos no Liceo de Londres, onde Irving tamén dirixiu espectáculos como Macbeth, Romeo e Xulieta ou O rei Lear. Preocupado pola posta en escena como creación integral, prestou especial importancia á renovación do deseño escenográfico e á iluminación.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Somerset

  • Deceso