Isabel de Portugal, santa
Raíña de Portugal, filla de Pedro III de Aragón e sobriña neta de santa Isabel de Hungría. Casou con Denís I de Portugal, co que tivo dous fillos: Afonso, que o sucedería no trono como Afonso IV de Portugal, e Constanza, futura raíña de Castela. Aínda que sempre tentou conciliar na Guerra Civil (1322-1323) ao seu home co seu fillo, foi acusada de favorecer a este último, polo que a exiliaron a Alenquer e confiscáronlle o seu señorío de Leiria; máis tarde foi rehabilitada. Ao enviuvar (1325), retirouse ao mosteiro de Santa Clara de Coimbra e peregrinou a Compostela. Con ocasión da declaración de guerra entre o seu fillo e o seu neto, rei de Castela, interveu para lograr a paz e morreu durante a viaxe. Construíu albergues, hospicios, colexios e un hospital. É avogosa dos territorios en guerra. Na iconografía leva un rico vestido sobre o hábito franciscano e unha coroa enriba da cabeza. En 1625 foi canonizada. A súa festividade celébrase o 4 de xullo, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 8 de xullo.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Estremoz, Portugal