Isócrates
Isócrates
Orador grego. Educado na tradición sofística e na socrática, fundou unha escola onde a elocuencia era a base da educación moral. Entre os seus discursos -que se caracterizan por períodos longos, divididos en partes simétricas, sen hiato-, destacan Plataico (373?), Panexírico (380), Pola paz e Areopaxítico. Esforzouse sempre por obter a unidade política de Grecia, conciliada con auténticos ideais de liberdade. Logo de recorrer sen éxito a Filipo II de Macedonia, expresou a súa decepción no Panatenaico (342-339?), onde expuxo o famoso eloxio de Atenas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Erquia, Ática -
Deceso