Ivens, Joris

Ivens, Joris

Realizador cinematográfico holandés. Percorreu coa súa cámara documental boa parte da historia do s XX: a Guerra Civil española (Spanish Earth, 1937); China (Comment Yukong déplaça les montagnes, 1971-75 e O vello e o vento, 1988); a Segunda Guerra Mundial (Our Russian Front, 1941); Indochina (Indonesia Calling, 1946); Italia (L’Italia non è un paese povero, 1959); Cuba (Pueblo en armas, 1961); e Vietnam (Le peuple et ses fusils, 1969). En 1988 obtivo o León de Ouro de Venecia polo conxunto da súa obra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nimega, Gelderland

  • Deceso

    Lugar : París