Izar

Izar

Empresa española do sector naval que xurdiu en decembro de 2000, trala fusión de Astilleros Españoles SA (AESA) e a Empresa Nacional Bazán. Foi creada pola Sociedad Española de Participaciones Industriales, SEPI. A súa actividade céntrase en catro liñas de negocio, a construción naval civil e militar, a propulsión e enerxía, a reparación e transformación de buques, e os sistemas de control e armas. En Galicia conta coas factorías de Izar Fene e Izar Ferrol. En 2004 a falta de carga de traballo provocou unha serie de mobilizacións dos traballadores que afectaron, entre outros, aos estaleiros da comarca ferrolana.

Palabras veciñas

izagarrá | izagarreira | izar | Izar | Izetbegović, Alija | Iževsk | Izis