Kabila, Laurent-Désiré

Kabila, Laurent-Désiré

Militar e político congolés. Estudiou filosofía política en Francia, onde se aproximou ás teses do marxismo. Ao acadarse a independencia do país (1960) converteuse en líder do sector de apoio ao presidente P. Lumumba, deposto por Mobutu en 1961. En 1967 fundou o Parti Révolutionnaire du Peuple (PRP), de ideoloxía marxista, asentouse na rexión de Kivu, ao O do país, e liderou a Alliance des Forces Démocratiques pour la Libération du Congo-Zaire (AFDL) que tomou Kinshasa en 1997. Autoproclamouse presidente e rebautizou o país co nome de República Democrática do Congo. A situación de guerra reanudouse no país en 1999 e en xaneiro de 2001 foi asasinado nun intento de golpe de estado. Sucedeuno na presidencia o seu fillo Joseph Désiré.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Moba, Katanga

  • Deceso

    Lugar : Kinshasa