Kafka, Franz

Kafka, Franz

Escritor. Influído pola obra de Kierkegaard, Ibsen e o naturalismo, estudiou as ideas sociolóxicas de A. Weber e a filosofía de Franz Brentano. Está considerado un dos precursores do expresionismo e do surrealismo. Na súa concepción da vida uniu a visión existencialista do mundo co substrato hebraico do seu contorno social: o non entendemento por parte das personaxes do mundo que os rodea e a loita contra o inalcanzable, reflicten a tensión do xudeu que quere integrarse nunha sociedade que o menospreza. En vida publicou en alemán a narración Beschreibung eines Kampfes (Descrición dunha loita, 1909), a colección de textos e narracións Betrachtung (Contemplación, 1910), o primeiro capítulo de Amerika, as narracións de Das Urteil (A condena, 1913), Die Verwandlung (A metamorfose, 1915), In der Strafkolonie (Na colonia penal, 1919) e a colección de narracións Ein Landarzt (Un médico rural, 1919), entre outras. Max Brod, o seu amigo e biógrafo, publicou postumamente a antoloxía de contos Ein Hungerkünstler (Un artista sometido a xaxún, 1924), as tres novelas longas Der Prozess (O proceso, 1925), Das Schloss (O castelo, 1926) e Amerika (1927), ademais de Beim Bau der chinesischen Mauer (Na construción da muralla chinesa, 1931), entre outras. A primeira edición das súas obras completas é de 1935.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : sanatorio de Kierling, Viena