Kahlo, Frida

Kahlo, Frida

Pintora mexicana. De nome Magdalena Carmen Frieda Kahlo Calderón, casou co muralista Diego Rivera. A súa vida foi unha sucesión de acontecementos dolorosos, como un grave accidente de tráfico en 1926 ou a imposibilidade de ter fillos, que reflectiu nas súas obras, a maioría delas autorretratos. Empregou as zonas de cor amplas e as técnicas e os temas extraídos do folclore mexicano. Expuxo só en tres ocasións e a súa obra acadou un grande éxito no París prebélico de 1939 e en Nova York. A súa casa transformouse en museo, a Casa Azul, en 1958. Entre as súas obras destacan Frida y Diego (1931), Autorretrato con collar y mono (1938), Dos Fridas (1939) e La columna rota (1944).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Coyoacán

  • Deceso