Kahn, Louis Isadore

Kahn, Louis Isadore

Arquitecto e urbanista estoniano. Nacionalizado estadounidense, as súas primeiras obras foron o Museo de Arte da Yale University e o Alfred Newton Richard Medical Research Building na de Pennsylvania (1957-1961). Durante as dúas décadas seguintes traballou en EE UU (fábricas Olivetti; sede do National Bank en Detroit) e no estranxeiro, en India, Tel-Aviv, Dacca, Blangadesh e Teherán. As súas construcións caracterizáronse por unha ordenación moi clara das formas e a presenza dunha reminiscencia historicista de evocación dos espacios clásicos ou medievais. Empregou preferentemente o formigón e a obra á vista.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Saaremaa, Estonia

  • Deceso

    Lugar : Nova York