Kairouan

Kairouan

Capital da wilāya de Kairouan, Tunisia (102.634 h [1994]). Fundada en 670 por ‘Uqba ibn Nāfi’, gobernador de Ifrīquiya, acadou un gran desenvolvemento como capital da dinastía aglábida (s IX). Pola súa situación xeográfica, foi codiciada polos bérberes e conquistada polos normandos en 1148. Co traslado da capital a Mahdia (947) comezou a decadencia que non superou ata mediados do s XVIII, baixo os reis husenitas. A mesquita, fundada por ‘Uqba (s VII) e reconstruída (836) por Ziyādat Allāh, é de estrutura andalusí. A UNESCO declarou a cidade Patrimonio da Humanidade en 1988.