Kamakura

Kamakura

Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Sagami (167.661 h [1997]). Foi capital imperial da dinastía Yoritomo e un centro artístico e relixioso destacado. Conserva o Gran Buda (1252), unha escultura monumental de 14 m de alto.