Kandinskij, Vasilij
Pintor ruso. Nacionalizouse alemán (1927) e francés (1939). Impactado por unha exposición impresionista, decidiu dedicarse á pintura e trasladouse a Múnic en 1896. Foi un dos iniciadores da arte abstracta (Acuarela, 1909; series de Composicións, Improvisacións e Impresións, 1910-1913) e un dos animadores de Der blaue Reiter (1911). Foi profesor na Bauhaus (1921-1933). A súa pintura evolucionou desde o impresionismo (ata 1907) cara a un fauvismo lírico (A montaña azul, 1909) e un expresionismo de influencia oriental (1910). Afastouse do obxecto e interesouse pola forma (1920) e as figuras xeométricas (O cadrado negro, 1925). Reuniu as súas teorías estéticas en Über das Geistige in der Kunst insbesondere in der Malerei (Do espiritual na arte e especialmente na pintura, 1912).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Neully -
Nacemento
Lugar : Moscova -
Deceso
Lugar : Seine, París