karakalpak
karakalpak
-
adx
Relativo ou pertencente aos karakalpak.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo karakalpak.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo turanio no que se mesturan elementos mongois, que fala un dialecto turco e que habita ao S do mar de Aral, en Karakalpaquistán. Sometidos parcialmente polos kazakhs, no s XVIII trasladáronse cara ao S do mar de Aral. Durante o s XIX foron sometidos polo Khanato de Khiva. Tradicionalmente practicaban a gandería nómade de ovellas pero a maior parte da poboación sedentarizouse.