Karlfeldt, Erik Axel
Karlfeldt, Erik Axel
Poeta sueco. A súa obra aparece entre as máis destacadas da lírica sueca do s XX. Deuse a coñecer como poeta con Vildmarks och Kärleksvisor (Cancións do bosque e do amor, 1895), e con Fridolins visor (As cancións de Fridolin, 1898) obtivo un enorme éxito. Cómpre salientar tamén Flora och Pomona (Flora e Pomona, 1906) e Hösthorn (Corazón de outono, 1927). En 1931 foille outorgado postumamente o Premio Nobel de Literatura.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Karlbo, Dalarna -
Deceso
Lugar : Estocolmo