Karrantza

Karrantza

Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado no extremo occidental da provincia, no límite con Cantabria (2.887 h [2001]). Pasan pola localidade varios regatos que desembocan no río Karrantza. A súa capital é La Concha e a poboación está fortemente diseminada. Destaca a gandería bovina e porcina e a avicultura. As principais industrias dedícanse á elaboración de derivados lácteos e á fabricación de pensos. Posúe xacementos de chumbo, fluorita e blenda.