Kaschnitz, Marie Luise

Kaschnitz, Marie Luise

Escritora alemana. Representante dun humanismo moderno, baséase na antiga tradición literaria para tratar problemas actuais. Escribiu novelas como Elisa (1937), coleccións de contos, como Das dicke Kind (O neno gordo, 1951), e Eisbären (Osos brancos, 1972); e   poesía, como Gedichte (Poesías, 1947). Tamén escribiu guións radiofónicos e ensaios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Karlsruhe

  • Deceso

    Lugar : Roma