Katmandú

Katmandú

Capital de Nepal, situada no centro do país, preto da confluencia dos ríos Bāghmati e Vishnumati (696.852 [2001]). A aglomeración abrangue tamén as cidades de Bhaktapur e Patan. É o centro administrativo e comercial do país, onde se concentran a maior parte das instalacións industriais nepalís. Centro relixioso budista, conserva numerosos santuarios.