Katz, Bernhard

Katz, Bernhard

Bioquímico alemán. De orixe xudia e nacionalizado británico, estudiou nas universidades de Leipzig e Londres, onde se doutorou en 1938. Descubriu a acetilcolina (neurotransmisor sináptico), e a función dos ións de calcio na liberación dos neurotransmisores no axón. Continuando os traballos de Loewi e de Dale que fundamentaron a teoría da transmisión química do impulso nervioso, investigou a presenza e os cambios da acetilcolina nas sinapses ganglionares e posganglionares, na placa motriz e no sistema nervioso central. En 1970 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con Von Euler e Axelrod, polos descubrimentos sobre a transmisión dos impulsos nerviosos mediante as sinapses.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Leipzig