Kazanjoglou, Elia
Kazanjoglou, Elia
Realizador cinematográfico. Coñecido como Elia Kazan, destacou como un gran director e un excelente manipulador da linguaxe cinematográfica. En 1947 fundou, con Cheryl Crawford, Robert Lewis e Lee Strasberg, o Actor’s Studio, escola de interpretación fundamentada no método Stanislavskij. En 1948 conseguiu dous Oscar pola película Gentleman’s Agreement e en 1954 obtivo outros dous polo filme On the Waterfront. Outras producións destacadas foron Panic in the Streets (1950), East of Eden (1955), Viva Zapata! (1952), Splendor in the Grass (1961), The Arrangement (1968) e The Last Tycoon (1976). En 2000 recibiu un Oscar honorífico pola súa traxectoria cinematográfica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Istambul -
Deceso
Lugar : Nova York