Kenyatta, Jomo
Kenyatta, Jomo
Político kenyano. Estudiou en Londres (1931-1946) e en Escocia adoptou o nome de Johnstone Kamau Ngengi. Foi dirixente dos kikuius e ao regresar ao seu país, fundou a Kenya African National Union (1946). Acusado de dirixir a insurrección do movemento independentista Mau-Mau, foi encarcerado polas autoridades británicas (1953-1961). Trala independencia de Kenya foi elixido primeiro ministro (1963) e presidente da República (1964-1978). Escribiu Facing Mount Kenya (1938) e Suffering without Bitterness (1968).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ichaweri -
Deceso
Lugar : Mombasa