Kepler, Johannes

Kepler, Johannes

Astrónomo alemán. En 1584 estudiou no seminario de Adelberg e, posteriormente, na Universidade de Tübingen, onde foi discípulo de Maestlin, partidario da teoría de Copérnico. En 1594 foi nomeado profesor de matemáticas do Instituto de Graz e en 1600 trasladouse a Praga, onde traballou como axudante de Tycho Brahe. Foi nomeado astrónomo imperial (1601) polo emperador Rodolfo II e profesor de matemáticas (1612) polo emperador Matías na Universidade de Linz. Calculou con precisión as órbitas dos planetas, feito que lle permitiu establecer as leis do movemento planetario e elaborar unhas táboas das posicións dos planetas, coñecidas co nome de Táboas rudolfinas (1627). En 1630 prediciu que ao ano seguinte Mercurio pasaría diante do Sol. Observou unha supernova, o que lle permitiu demostrar que as estrelas experimentan cambios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Weil der Stadt, Baden

  • Deceso

    Lugar : Württemberg

  • Deceso

    Lugar : Ratisbona