Keynes, John Maynard

Keynes, John Maynard

Economista inglés. Profesor en Cambridge desde 1908, trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918) actuou como asesor económico do primeiro ministro L. George   no Tratado de Versailles, experiencia que relatou na súa obra The Economic Consecuences of Peace (1919). Durante a crise económica da década de 1930 publicou A Treatise on Money (1930) e The General Theory of Employment, Interest and Money (1936), na que propuxo unha nova análise dos mecanismos de determinación do nivel de actividade económica, instituída no papel motor da demanda efectiva, e onde subliñou as posibilidades antidepresivas da política de gasto público. As depresións constrarrestábanse aumentando os investimentos privados ou suplindo estas con investimentos públicos. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), exerceu un papel orientador da política económica inglesa, e en 1944 dirixiu a delegación británica que acudiu á Conferencia de Bretton Woods, coa presentación do denominado Plan Keynes, que promovía a institución dun organismo financeiro internacional.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cambridge

  • Deceso

    Lugar : Firle, Sussex