Khaizen, Guo

Khaizen, Guo

Poeta, dramaturgo, ensaísta e historiador chinés. Coñecido como Guo Moruo, loitou contra a invasión xaponesa. Afiliouse ao partido comunista e, trala fundación da República Popular de China, foi nomeado viceprimeiro ministro (1949-1954). De contido social e revolucionario, a súa poesía evolucionou a partir de formas experimentais a unha linguaxe moito máis clásica e sinxela, como en Deusas (1922) e Vangarda (1928). Cultivou tamén o ensaio e foi o primeiro en realizar unha análise marxista da historia chinesa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sichuan

  • Deceso

    Lugar : Pequín