Jaspers, Karl

Jaspers, Karl

Filósofo e psiquiatra alemán. Expoñente do existencialismo, concibiu a filosofía como unha “dilucidación da existencia”, como unha reflexión total da condición humana concreta, non abstracta, que se revela nas “situacións límite” (sufrimento, morte). O problema filosófico consiste en pensar toda a dimensión da existencia sen caer no irracionalismo. Expuxo o seu pensamento, entre outras obras, en Philosophie (1939), Von der Wahrheit (Da verdade, 1948), Vom Ursprung und Ziel der Geschichte (Orixe e fin da historia, 1949) e Einführung in die Philosophie (Introdución á filosofía, 1950).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oldenburg

  • Deceso

    Lugar : Basilea