Jefferson, Thomas
Jefferson, Thomas
Político e arquitecto estadounidense. Redactou a Declaración de Independencia (4.7.1776), foi gobernador de Virginia (1779-1781) e embaixador en Francia no período que precedeu á Revolución Francesa (1784-1789). De regreso a EE UU ocupouse da secretaría de Estado (1789-1794), cargo do que dimitiu polas súas diferencias cos partidarios do centralismo. Foi vicepresidente (1797) e converteuse no terceiro presidente (1800-1809), tras presentarse ás eleccións polo Democratic-Republican Party. Fundou a University of Virginia (1825) e a escola militar de West Point. Como arquitecto, deseñou o Capitolio do estado de Virginia, terminado en colaboración con B. Latrobe.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Shadwell, Virginia -
Deceso
Lugar : Monticello, Virginia