Jerez de la Frontera
Jerez de la Frontera
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na chaira dos ríos Guadalquivir e Guadalete (183.273 h [2001]). A súa economía fundaméntase no cultivo vitivinícola, que produce os viños e brandys de Xerez. Tamén conta con produción oliveira e gandeira, sobre todo de cabalos. Do seu patrimonio cultural destaca o núcleo histórico da cidade, declarado Ben de Interese Cultural en 1982, no que destacan os restos das murallas medievais e o alcázar, diversas igrexas góticas, palacios civís e casas da nobreza andaluza.