Joffre, Josep
Militar francés. Participou na defensa de París (1870) e posteriormente traballou en diversas prazas fortes francesas e nas colonias (Tonquín, Sudán, Madagascar). Xeneral de brigada (1902), ascendeu a xefe do Estado Maior do exército e vicepresidente do Consello da Guerra (1911). Ao comezo da Primeira Guerra Mundial, comandaba os exércitos do N e do NL, cos que formou unha liña de resistencia ao N de París e venceu na Batalla do Marne (6-13 de setembro de 1914). Nomeado comandante en xefe dos exércitos franceses (1915), despois do ataque alemán a Verdun, dirixiu a ofensiva do río Somme, entre xullo e outubro de 1916. En decembro dese ano foi substituído e nomeado mariscal de Francia. Postumamente publicáronse dous volumes de Memoires (1932).
Cronoloxía
- 
                        NacementoLugar : Ribesaltes, Rosellón
- 
                        DecesoLugar : París
