Johan de Requeixo
Johan de Requeixo
Xograr galego. Aínda que tradicionalmente se considere activo a finais do s XIII, a xulgar pola súa colocación nos cancionieros, pódese encadrar entre o segundo e último cuarto dese século. Consérvanse da súa autoría 5 cantigas de amigo, en concreto de romaría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións, de refrán, fan referencia a unha ermida dedicada a Santa María de Faro, que talvez se poida identificar co santuario do mesmo nome situado na parroquia de Requeixo, en Chantada. Estilisticamente, caracterízanse pola súa variedade métrica pero pola pobreza dos seus esquemas rimáticos.