Johan Soarez de Paiva
Trobador portugués. O seu patrimonio familiar situábase nas marxes do río Douro. En 1170 marchou de Portugal a terras aragonesas, onde probablemente entrou ao servizo dos reis Afonso II (1162-1196) ou Pedro II (1196-1213). Nos Livros de Linhagens aparece co cualificativo de “trobador”. Segundo os documentos en que aparece mencionado e as referencias históricas presentes na súa única composición conservada -“Ora faz ost’ o senhor de Navarra” (1200-1201)-, trátase do trobador que ten a produción conservada máis antiga; de feito aparece colocado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V). Este sirventés político dirixido ao rei de Navarra imita a estrutura métrica da famosa canción de cruzada Ahi! Amors, com dure de partie, composta polo trouvère Conon de Béthune (?-1220?). A Tavola Colocciana atribúelle 6 cantigas de amor, perdidas por unha lagoa de B, que probablemente imitarían os modelos trobadorescos tanto provenzais como franceses.
Cronoloxía
-
Nacemento